A Academia Galega do Audiovisual fixo onte públicas as nomeacións ó Premios Meste Mateo 2008. Entre as candidatas atópanse distintas producións de CTV como: Air Galicia, coproducida por CTV e Zopilote, que opta ó premio á mellor serie de TV e Cifras e Letras, concurso coproducido con Centroña, que opta ó galardón ó mellor programa de TV. Tamén por Air Galicia, Jose Villaverde está proposto ó premio ó mellor realizador, mentres Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía poden conseguir o premio ó mellor guión. Por outra banda, Belén Regueira está nomeada ó galardón ó mellor comunicador/a por O país dos Ananos. Son de salientar as numerosas nomeacións de Libro de Familia, que se produce en CTV. A gala de entrega terá lugar o próximo 30 de abril no Pazo de Cultura de Pontevedra.
|