CTV | O País dos Ananos, líder na noite do domingo

  O País dos Ananos, líder na noite do domingo

16 March 2009
 
O programa dos nenos deste domingo, 15 de marzo, rexistrou un 20,1 de cota de pantalla, converténdose en líder de audiencia en practicamente todos os minutos de emisión do programa, e impoñéndose no seu tramo a series como Doctor Mateo, Cámera Café ou Aída. Esta edición de O País dos Ananos estivo dedicada ós animais e contou coa presenza do veterinario Juan Carlos Laxe e Alejandro Macías: o presentador de Criaturas, o programa de animais da Galega.