No mes de maio iniciouse en CTV a gravación de Última Hora, unha serie que se emitirá semanalmente en prime time. Cunha duración de 60 minutos por episodio, trátase dunha ficción de xénero sobre o mundo do xornalismo.
Última Hora é unha serie creada e coproducida por Xosé Castro, Carlos Ares e Andrés Mahía -Zopilote SA- e dirixida por Marta Piñeiro e Alfonso Zarauza. A serie segue o estilo narrativo da ficción televisiva actual, e outórgaselle grande importancia ó visual. As tramas xorden tanto dos conflitos de relación entre personaxes como dos casos propios da profesión cos que se encontran os xornalistas.
Na serie participan actores consagrados como Mabel Rivera, José Manuel Olveira “Pico”, Evaristo Calvo ou Alfonso Agra.
|