CTV | Desde o Plató 1000 en directo Gala do 24 de Xullo para TVG

  Desde o Plató 1000 en directo Gala do 24 de Xullo para TVG

21 July 2009
 
O Plató 1000 vístese de festa este venres para acoller a celebración da noite grande do Apóstolo. A emisión en directo para Televisión de Galicia incluirá a retransmisión dos espectaculares Fogos desde a Catedral.

A gala “Planeta Galicia”, conducida por Xosé Ramón Gayoso e Pilar García Rego, pretende ser un percorrido pola universalidade da música galega, pola mestizaxe e pola fusión. Contará entre outras coas actuacións de Carlos Núñez, Dulce Pontes, Luz Casal, Siniestro Total, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Susana Seivane, Ialma e Dios que te Crew.