CTV | LandRober, este sábado 10, ás 10 da noite en TVG

  LandRober, este sábado 10, ás 10 da noite en TVG

09 October 2009
 
CTV estrea este sábado ás 10 da noite en TVG a súa produción televisiva máis recente.

Roberto Vilar volve á Televisión de Galicia, despois dun ano sabático, como presentador de LandRober, un programa para tódolos públicos que se emite no prime time dos sábados. En canto a contidos e convidados, o espazo constituirá unha auténtica sucesión de sorpresas para o telespectador.

Xosé Touriñán (que fai de Mucha a cantareira de Luar) é o colaborador estrela de LandRober, un programa que ten como obxectivos entreter, facer rir e sobre todo conxelar o pensamento durante un par de horas.