Este sábado pola noite os telespectadores teñen unha cita con Land Rober, o programa que presenta Roberto Vilar na Televisión de Galicia. Nesta ocasión, o cantante David Civera, a actriz galega Sara Casasnovas, protagonista da exitosa serie Amar en tiempos revueltos de TVE, e o xogador de baloncesto do Xacobeo Blue-Sens Obradoiro, Mark Jackson, visitan o plató de Land Rober. O espectáculo está servido da man do elenco habitual de actores de Land Rober , entre os que se encontran Isi e Ricardo, o atropelado. Van ser dúas horas de puro entretemento con sketchs, parodias, actuacións musicais, participación do público de plató e entrevistas. Land Rober, os sábados pola noite, ás 21.45 na TVG. Land Rober, con Roberto Vilar.
|