CTV produciu o ano pasado unha serie de gran factura para TVG: o Nordés. Este traballo supuxo a incorporación de grandes innovacións, como a gravación en HD.
A empresa fixo un grande esforzo que a noite pasada se viu recompensado ao recibir o premio á mellor realización televisiva personificado en Marta Piñeiro e Alfonso Zarauza e o premio á Mellor Música orixinal que foi para Piti Sanz e Iván Laxe.
Felicidades aos gañadores e a todos os compañeiros que participaron na serie. |