|
Land Rober, o programa producido por CTV, está conseguindo que o prime time do sábado cambie de cor en Galicia. A cadea autonómica consegue superar as nacionais e converterse en líder absoluto de audiencia ao longo de distintos tramos da noite.
O programa presentado por Roberto Vilar vai contar este sábado con convidados excepcionais como Tony Bou e Laya Sanz, campións do mundo de trial, que ofrecerán unha espectacular exhibición sobre as súas motos. Jesús Peleteiro e Carlos Fernández Amado, do Bos Días da Televisión de Galicia, contarán o que ninguén sabe do seu día a día, mentres que un humorista fóra do común: Edu Soto, máis coñecido como El Neng, acode este sábado a Land Rober, para interpretar o seu novo personaxe: “Oswaldo El Canilla”.
|