|
A finais do mes de maio, CTV, S.A., como Centro Colaborador de Formación Ocupacional dependente da Consellería de Traballo e Benestar, comezará a impartir os seguintes cursos, dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas (AFD), cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Administración do Estado:
DENOMINACIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS: OPERADOR DE CÁMARA (584 horas), EDITOR-MONTADOR DE IMAXE (559 horas)
REQUISITOS DO ALUMNADO: Terán prioridade os traballadores/as desempregados inscritos en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego con data anterior á súa incorporación ao curso.
NIVEL ACADÉMICO: FPI de Imaxe e Son ou equivalente
LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE SELECCIÓN: Plató 1000-Montouto s/n-Teo (A Coruña)
DATA DE INICIO DOS CURSOS: maio de 2010
Os interesados deberán solicitar as accións formativas nas oficinas do Servizo Público de Emprego correspondentes.
Para máis información poden chamar ó 981-509202
|