Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | CULTURA 10, unha produción de CTV para TVG

  CULTURA 10, unha produción de CTV para TVG

venres, 14 de maio de 2010
 
A semana que vén Televisión de Galicia estrea o programa Cultura 10. Un espazo producido por CTV que recolle a actualidade cultural de Galicia tocando todas as súas formas e expresións posibles.

Son uns 40 minutos de programa dinámico, con varios reporteiros e un grande atractivo visual. Fálase con artistas destacados da cultura galega e de máis alá das nosas fronteiras, inclúense formas de expresións clásicas e eventos como Festivais de cine, videocreación, etc... Hai axenda, entrevistas formais e unha páxina web na que verter opinión. Nada queda fóra de Cultura 10.