Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | Accións formativas

  Accións formativas

venres, 28 de maio de 2010
 
O próximo 21 de xuño, CTV, S.A., como Centro Colaborador de Formación Ocupacional dependente da Consellería de Traballo e Benestar, comezará a impartir a seguinte acción formativa dirixida prioritariamente a persoas desempregadas (AFD), cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo:

DENOMINACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA:

LUMINOTÉCNICO (479 horas)

REQUISITOS DO ALUMNADO: Terán prioridade os traballadores/as desempregados inscritos en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego con data anterior á súa incorporación ao curso.

NIVEL ACADÉMICO: FPI en Electricidade e Electrónica ou equivalente

DATA DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE SELECCIÓN:
16 de xuño de 2010

DATA DE INICIO DA ACCIÓN FORMATIVA: 21 de xuño de 2010

Os interesados deberán solicitar a acción formativa nas oficinas do Servizo Público de Emprego correspondente.

Para máis información poden chamar ó 981-509202