Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | Maxia en Land Rober con ANTHONY BLAKE

  Maxia en Land Rober con ANTHONY BLAKE

venres, 04 de xuño de 2010
 
Este sábado en pleno prime time da Televisión de Galicia as maiores sorpresas do mundo mundial están esperando os telespectadores. E é que o grandísimo Anthony Blake vai facer auténtica maxia no programa.
E maxia tamén é o que fai Luís Iglesia coa súa voz. O protagonista de Matalobos é un dos mellores dobradores de Galicia e este sábado vai ir máis aló dedicándolle unha sorpresa á audiencia de Land Rober.
Ademais haberá unha exhibición de esgrima, Tonhito de Poi cantará coa banda de Land Rober e ademais hai polbo para o público do plató.