Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | Este sábado CULTURA 10

  Este sábado CULTURA 10

venres, 04 de xuño de 2010
 
Cultura 10 acerca na sobremesa do sábado o máis salientable da actividade cultural galega. Cos reporteiros do programa vaise facer un interesante percorrido polo ciclo de Teatro Universitario de Galicia e polo traballo do escultor Manolo Paz. Así mesmo, a reporteira chinesa Ting Ting vai vivir novas experiencias na Ruta do Mexillón.
Para estar ao día no tocante a cine, teatro e concertos non hai como a axenda de Cultura 10 e para coñecer en profundidade as personalidades do momento a entrevista de Luísa Castro. Este sábado a conversa é co pintor Antón Lamazares que foi galardoado coa Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela.