Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | NELY FERNÁNDEZ e LAMATUMBÁ en LAND ROBER

  NELY FERNÁNDEZ e LAMATUMBÁ en LAND ROBER

venres, 11 de xuño de 2010
 
Land Rober vai encher de ritmo a noite de sábado. O programa presentado por Roberto Vilar contará coa actuación dunha das bandas con máis carácter da música actual: Lamatumbá. Os ourensáns darán moito que bailar presentando o seu novo disco: “A órbita da banda hipnótica”.
Outra ourensá, a que é unha das caras máis fermosas e inesquecibles da cadea autonómica: Nelly Fernández, visitará Land Rober e contaranos os seus proxectos.
Ademais, no programa actuarán o Mimo Elliot e Jorge Prado, un neno lucense que ós seus nove anos xa foi campión de Europa de motocross na categoría infantil e que fai auténticas marabillas sobre dúas rodas.