|
Cultura 10 fai cada sábado un percorrido polos acontecementos culturais de Galicia. Esta semana céntrase na actividade protagonizada pola muller e achégase ao traballo da cineasta Isabel Coixet, das cantantes Alondra Bentley e Patricia Moon e da soprano chilena Cristina Gallardo Domás. A escritora Luísa Castro mantén unha reveladora conversa co sociólogo, xeógrafo e urbanista Jordi Borja Sebastià, profesor nas universidades de París, Roma, Nova York, México e Buenos Aires.
|