Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | Na sobremesa do sábado: CULTURA 10

  Na sobremesa do sábado: CULTURA 10

venres, 18 de xuño de 2010
 
Ao tempo que Galicia enteira se prepara para celebrar San Xoán, este sábado en Cultura 10 o reporteiro asiático Anik Nandi somérxese nas lendas e supersticións da Costa da Morte mentres a escritora Luísa Castro nos convida a coñecer unha das sopranos máis valoradas: a chilena Cristina Gallardo-Domâs.
O equipo da película O apóstolo, unha das maiores apostas do audiovisual galego, e o Sonar, o mellor festival de música electrónica do momento, que se está celebrando na Coruña, reciben a visita dos reporteiros do programa.
...E entre outras seccións, para non perder nada do que pasa en Galicia está a Axenda de Cultura 10.