|
O reencontro da cantante Skye Edwards co grupo co que triunfou: Morcheeba, analízase este sábado en Cultura 10, que acudiu ao Help Concert celebrado en Santiago, e no que por certo tamén actuou a actriz de Hollywood Juliette Lewis.
Nesta ocasión, a reporteira chinesa Ting Ting fai unha viaxe única a Mondoñedo, mentres Luísa Castro entrevista a gaiteira galega máis internacional: Cristina Pato.
O programa mostra así mesmo a actuación de Chris Isaac en Ourense, unha clase maxistral do barítono Borja Quiza na Coruña e entrevista o pianista Martial Solal en Vigo.
|