Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | Cultura 10 ao natural

  Cultura 10 ao natural

venres, 09 de xullo de 2010
 
Este sábado o programa achégase á Rapa das Bestas de Sabucedo para mostrar a estrea no curro dos aloitadores máis novos. O último grito en gastronomía chéganos da man dun dos compoñentes do Grupo Nove: Pepe Solla. No eido da música dous festivais son os protagonistas: o Vigo Transforma, que pretende causar o mínimo impacto ambiental e unha cita obrigada: o de Ortigueira.
Luísa Castro entrevista a actriz franco-palestina Yasmine Al Massri, protagonista da película Caramel, que está pasando unha tempada en Galicia. E para saber todo o que pasa estes días na nosa comunidade: a axenda de Cultura 10.