|
Este sábado Cultura 10 achégase ata o estudio de arquitectura A-0, un dos máis vangardistas da península que empezou na Coruña e xa ten unha sede en Madrid. Os reporteiros do programa vanse achegar aos distintos concertos que se celebran estes días como o de Norah Jones, Ben Harper e o da incombustible Nacha Guevara. Ao reporteiro indio Anik Nandi non hai quen o pare. Continuando co seu percorrido por Galicia, nesta ocasión vaise deter na Fervenza do Toxa. E mentres os escritores galegos máis novos rompen co tópico de que ós mozos non lles gusta escribir, Luísa Castro entrevista unha das mulleres que máis saben de cultura en Galicia: María Pereira, a directora de programación da obra social de Caixanova.
|