Novas 
 
 
Novas por produción

  CTV | CULTURA 10 de celebración

  CULTURA 10 de celebración

venres, 23 de xullo de 2010
 
Mentres Galicia se dispón a celebrar as festas do Apóstolo, do día de Galicia e dos 25 anos de TVG, Cultura 10 tamén ten moito que festexar, xa que este sábado emítese a décima edición do espazo.
O novo espectáculo da compañía Nova Galega de Danza, que se estreou estes días na Praza da Quintana, e a Banda de Visantoña, unha das históricas de Galicia, son protagonistas deste programa xunto coas terras de Arzúa, que hoxe vai percorrer o reporteiro indio Anick Nandi.
Ademais, un convidado 10, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño conversa en primeira persoa con Luísa Castro... e para estar ao día do que pasa en Galicia... a axenda de Cultura 10!