Producións
 
Lista de producións
 
 

CTV | Land Rober: líder no prime time

  Land Rober: líder no prime time

luns, 15 de febreiro de 2010
 
Este sábado pola noite, o programa humorístico presentado por Roberto Vilar: Land Rober, foi líder de audiencia nun gran tramo da noite. Deste xeito, Televisión de Galicia conseguiu que a maioría dos telespectadores galegos a preferisen fronte a outras cadeas, como a imbatible Telecinco, na durísima franxa do prime time.

 

CTV | David Civera, Sara Casasnovas e Marc Jackson en Land Rober

  David Civera, Sara Casasnovas e Marc Jackson en Land Rober

venres, 12 de febreiro de 2010
 
Este sábado pola noite os telespectadores teñen unha cita con Land Rober, o programa que presenta Roberto Vilar na Televisión de Galicia. Nesta ocasión, o cantante David Civera, a actriz galega Sara Casasnovas, protagonista da exitosa serie Amar en tiempos revueltos de TVE, e o xogador de baloncesto do Xacobeo Blue-Sens Obradoiro, Mark Jackson, visitan o plató de Land Rober.
O espectáculo está servido da man do elenco habitual de actores de Land Rober , entre os que se encontran Isi e Ricardo, o atropelado. Van ser dúas horas de puro entretemento con sketchs, parodias, actuacións musicais, participación do público de plató e entrevistas.
Land Rober, os sábados pola noite, ás 21.45 na TVG.
Land Rober, con Roberto Vilar.

 

CTV | Susana Seivane e Isabel Risco no programa Land Rober de Televisión de Galicia

  Susana Seivane e Isabel Risco no programa Land Rober de Televisión de Galicia

venres, 05 de febreiro de 2010
 
Este sábado, 6 de febreiro, a gaiteira Susana Seivane, a actriz Isabel Risco e os actores da teleserie alaricá ‘A Cobiza dos Souto’, un culebrón de factoría local protagonizado e escrito pola propia xente da vila, visitaron o plató de Land Rober, programa humorístico presentado por Roberto Vilar.
Hai que apuntar a incorporación ó elenco habitual de actores de Land Rober de Isi, un dos humoristas mais exitosos e mediáticos do momento en Galicia. E como cada sábado, Ricardo visitou o plató de Land Rober.
Neste décimo sexto programa de Land Rober, Roberto Vilar e o seu equipo de humoristas e actores ofreceron dúas horas de diversión e entretemento familiar con sketchs, parodias, actuacións musicais, participación do público de plató e entrevistas.
Land Rober, o programa da noite dos sábados, ás 21:45 na TVG.
Land Rober, con Roberto Vilar.